lunes, 1 de julio de 2013

O ALEVÍN MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL - COIA 14º CLASIFICADO DA LIGA ZONAL DE VIGO 2012/2013

(O equipo Alevín Masculino "B" da tempada 2012/2013)

.

ALEVÍN MASCULINO "B"

.

14º CLASIFICADO LIGA DE VIGO

.

O Alevín Masculino "B", Decomar Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por David Rodríguez e Leticia Estévez, rematou no décimo cuarto posto da Liga Zonal de Vigo de categoría alevín masculina da presente tempada 2012/2013 organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O Decomar Seis do Nadal competiu na primeira fase de grupos no Grupo "A" de Vigo e despois dos oito encontros disputados
finalizou na sexta posición cun balance de tres vitorias e cinco derrotas. A clasificación do Grupo A foi a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo A da Liga Zonal Vigo Alevín Masculina)

.

Os dous equipos clasificado na 5ª e 6ª posición do Grupo "A", Col. García Barbón "A" (Mixto) e Decomar Seis do Nadal, clasificáronse para a disputa do 13º ao 18º posto na segunda fase da Liga, xunto aos conxuntos clasificados nas mesmas posicións do Grupo "B", Maristas "B" e Col. Salesianos Vigo (Mixto), e do Grupo "C", Compañía de María e San José de la Guía (Mixto). Despois dos dez encontros disputados nesta segunda fase o Seis do Nadal "B", Decomar Seis do Nadal, rematou na segunda posición do grupo, o que lle converteía no décimo cuarto clasificado da Liga Zonal alevín masculina.

.

(Clasificación final da Segunda Fase da Liga de Vigo do 13º ao 18º posto)

.

O equipo Alevín Masculino "B" participou na Copa Primavera Vigo 2012/13 de categoría alevín masculina e estivo encadrado no Grupo 1 xunto a CB Tui Seta "B", CB Baiona, Apóstol e San José de la Guía (Mixto). O noso Decomar Seis do Nadal rematou na quinta posición do Grupo 1, sendo a clasificación final a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo 1 Vigo da Copa Primavera Vigo)