lunes, 3 de junio de 2013

O JÚNIOR FEMININO "A" CONSEGUIU O ASCENSO Á LIGA 1ª DIVISIÓN JÚNIOR FEMININA DA PRÓXIMA TEMPADA

(O Seis do Nadal Illas Cíes tras conseguir o Ascenso a 1ª División)

.

JÚNIOR FEMININO "A"

.

ASCENSO Á LIGA 1ª DIVISIÓN

.

O equipo Júnior Feminino "A", Seis do Nadal Illas Cíes, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Carlos Guada e Pablo Sánchez, rematou unha exitosa tempada 2012/13 como campión do Grupo "B" da Liga 2ª División e na primeira posición do Grupo Sur da Fase de Ascenso, conseguindo así o ascenso á Liga 1ª División de categoría Júnior Feminina para a próxima tempada 2013/14.

.

No Grupo "B" Vigo-Ourense da Liga 2ª División Júnior Feminina o Seis do Nadal Illas Cíes rematou na primeira posición con dezaseis vitorias conseguidas nos dezaseis partidos xogados.

.

(Clasificación final do Grupo "B" da Liga 2ª División Júnior Feminina)

 

A Fase de Ascenso no Grupo Sur foi disputada polos tres primeiros clasificados do Grupo "B" da Segunda División (Seis do Nadal Illas Cíes, Porriño Baloncesto Base e CB Baiona) e o primeiro clasificado do Grupo "C", o AD Cortegada. Despois dos seis partidos disputados nesta fase polo Ascenso o Seis do Nadal Illas Cíes conseguiu o pleno de vitorias asegurándose así o Ascenso á Liga 1ª División Júnior Feminina da próxima tempada 2013/2014.

.

(Clasificación final do Grupo Sur da Fase de Ascenso de 2ª División)

 

(O Seis do Nadal Illas Cíes despois do último partido da tempada)