jueves, 20 de junio de 2013

O INFANTIL FEMININO "A" DO SEIS DO NADAL 3º CLASIFICADO DA LIGA 1ª DIVISIÓN INFANTIL FEMININA 2012/13

(O Infantil Femininoi "A" competiu na Liga 1ª División Infantil Feminina)

.

INFANTIL FEMININO "A"

.

3º CLASIFICADO LIGA 1ª DIVISIÓN

.

O conxunto Infantil Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Aalí Mohamed, Silvia Caíño e Jorge Martínez, rematou a Liga Primeira División de categoría Infantil Feminina organizada pola Federación Galega de Baloncesto ocupando o terceiro posto da táboa.

.

O Seis do Nadal - Coia rematou no terceiro posto da Liga 1ª División Infantil Feminina despois de vinte e dúas xornadas cun balance final de dezaoito vitorias e catro derrotas, dúas ante o Codigalco Carmelitas, campión da competición, unha ante o Celta Maristas Vigo e a outra ante Grupo La Junquera Cortegada . A clasificación final da competición foi a seguinte:

.

 

A terceira posición conseguida esta campaña na Liga 1ª División Infantil Feminina 2012/2013 asegura a praza en dita competición para a próxima tempada 2013/2014 e deixa ao noso combinado ás portas de participar no Campionato de España de Clubs de categoría infantil feminina ao clasificarse os dous primeiros conxuntos da táboa final.