(O Seis do Nadal - Coia co trofeo de campión da Liga 2ª División)
.
SÉNIOR MASCULINO "A"
.
CAMPIÓN LIGA 2ª DIVISIÓN
.
O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González e Francisco Javier García, rematou unha exitosa tempada 2012/13 como campión da Liga 2ª División Sénior Masculina e conseguindo, por segunda tempada consecutiva, o ascenso á 1ª División Nacional.
.
Despois de rematar na primeira posición do grupo Sur da competición, o Seis do Nadal - Coia disputou o cruce final co primeiro clasificado do grupo Norte, o CB Arteixo, para decidir o equipo campión da Liga 2ª División Sénior Masculina.
.
(Clasificación final do Grupo Sur da Liga 2ª División Masculina)
No partido de ida disputado en Arteixo o noso combinado conseguía ao final do encontro a vitoria pola mínima (58-59), deixando todo por decidir para a volta que se disputou en Navia e que rematou coa vitoria do Seis do Nadal - Coia (76-71).
.
(O capitán do Seis do Nadal - Coia recollendo o trofeo de campións)
O Vicepresidente Primeiro Federación Galega de Baloncesto, Alberte Zato, transmitiou os seus parabéns á entidade e foi o encargado de entregarlle ao Seis do Nadal - Coia o trofeo de campión da Liga 2ª División Sénior Masculina 2012/2013, xunto a José Luis Pérez, Director Executivo da Delegación Viguesa de Baloncesto.
A clasificación final da Liga 2ª División Sénior Masculina 12/13 da Federación Galega de Baloncesto foi a seguiente:
.
Máis fotos da entrega de trofeos
.
.












