sábado, 19 de mayo de 2012

OS ALEVINS "A" CLASIFICADOS PARA OS CRUCES CLASIFICATORIOS Á FASE FINAL DAS LIGAS FGB ALEVÍNS

(Os equipos Alevíns "A" do club, campións de Vigo, coas súas medallas )

.

Os equipos Alevín Masculino "A", adestrado por Alicia Álvarez e Borja Martínez, e Alevín Feminino "A", dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, recibiron o pasado sábado 19 de maio do 2012 na pista do Colexio Seis do Nadal as medallas e trofeos que os proclamaban campións de Vigo da tempada 2011/2012.

..

As medallas e trofeos foron entregadas por Francisca García, Secretaria do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e polos adestradores principais de ambos combinados alevíns, Alicia Álvarez e Aalí Mohamed.

.

Os dous equipos celebraron ademais a súa clasificación para os cruces clasificatorios á Fase Final da Liga FGB de categoría alevín, despois de confirmar ambos conxuntos na terceira das concentracións disputada o mesmo sábado 19 de maio o primeiro posto do seu grupo.

.

Os rapaces, na pista do Colexio Seis do Nadal, e as rapazas, na pavillón do Carmelitas de Ourense, conseguiron dúas novas vitorias que lles situaban na primeira posición de cada un dos seus grupos cun balance final de cinco vitorias e unha soa derrota.

.

A próxima fin de semana do sábado 26 e domingo 27 de maio do 2012 se disputarán os cruces, a eliminatoria a ida e volta, que determinarán os equipos que se clasifican para a Fase Final da Liga FGB.

 

Máis fotos da entrega de trofeos e medallas

.