lunes, 14 de mayo de 2012

O JÚNIOR MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL 45º CLASIFICADO DA LIGA 2ª DIVISIÓN JÚNIOR MASCULINA 2011/12

(O Júnior Masculino "B" do Seis do Nadal da presente tempada 2011/2012)

.

JÚNIOR MASCULINO "B"

.

45º CLASIFICADO LIGA 2ª DIV.

.

O conxunto Júnior Masculino "B", Seis do Nadal "B", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, capitaneado por Sergio García e Javier Carpintero, finalizou na 45ª posición da Liga 2ª División Júnior Masculina da presente tempada 2011/2012 organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O equipo Seis do Nadal "B" competiu no grupo "E" da fase de grupos da Liga 2ª División Júnior Masculina e, despois dos dezaseis partidos disputados, rematou na novena posición do grupo cun balance final de dúas vitorias e catorce derrotas. A clasificación final do grupo "E" foi a seguinte:

.

 

A novena posición do grupo "E" clasificaba ao noso conxunto para disputar a fase de clasificación polo 49º-53º posto da zona sur xunto ao Eidoempresa AB Xinzo. O encontro de ida disputado en Xinzo de Limia rematou con vitoria para o equipo do Seis do Nadal (58-64), certificando a 45ª posición no partido de volta xogado no Colexio Seis do Nadal cun marcador final de 55-38 e pola baixa de equipos doutras fases de clasificación.

 

 

Nesta última fase da tempada 2011/2012 o Seis do Nadal "B" participa no Torneo Primavera organizado pola Delegación Viguesa de Baloncesto. Nesta nova competición participan ademais do combinado "B" do Seis do Nadal, o Airexa Nigrán, PBB Canteiras "B", Apóstol, C.B. Baiona e Salesianos. A competición se extenderá ata a fin de semana do 26 e 27 de maio cun total de cinco xornadas de liga a unha soa volta.