jueves, 3 de mayo de 2012

O ALEVÍN MASCULINO "A" DO CLUB, CAMPIÓN DE VIGO, COMEZA A LIGA FGB ALEVÍN MASCULINA 2011/2012

.(Xogadores e técnicos despois de proclamarse campións de Vigo)

.

ALEVÍN MASCULINO "A"

.

CAMPIÓNS DE VIGO

.

O equipo Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Alicia Álvarez e Borja Martínez, proclamouse campión de Vigo na presente tempada 2011/2012.

.

Na primeira fase da competición o Seis do Nadal "A" finalizou na primeira posición do Grupo "B" cun balance positivo de trece vitorias e unha derrota. A clasificación final do Grupo "B" desta primeira fase foi a seguinte:

.

.

Este primeiro posto clasificou ao noso conxunto para a disputa das semifinais da competición, cruce que xogou ante o C.B. Baiona, segundo clasificado do Grupo "A" da primeira fase, estando en xogo a clasificación para a Liga Galega Alevín Masculina. O Seis do Nadal "A" conseguiu impoñerse nos dous partidos do cruce de semifinais ao Baiona e clasificarse deste modo para a a Liga Autonómica da categoría.

.

O cruce final de Vigo enfrontou ao Seis do Nadal "A" e ao PBB Canteiras "A", combinado que superou no seu cruce de semifinais ao Compañía de María, tendo asegurada os dous conxuntos a clasificación para a Liga FGB Alevín Masculina. O partido de ida disputado no Colexio Seis do Nadal rematou cun 60-60 no marcador e foi no partido de volta en O Porriño onde o Seis do Nadal "A" conseguía superar ao PBB Canteiras "A" 78-85 e proclamarse Campión de Vigo.

.

 

O Alevín Masculino "A" comezará a súa andanza na Liga FGB Alevín Masculina o próximo sábado 5 de maio do 2012. O noso conxunto estará encadrado no Grupo Sur "D" xunto a Salesianos COB (Ourense), Sigaltec BBC "A" (Vilagarcía de Arousa) e Pío XII (Santiago de Compostela).

 

O Seis do Nadal "A" disputará as dúas primeiras xornadas desta Fase de Grupos o próximo sábado día 5 de maio en Vilagarcía de Arousa. Ás 12:00 horas o noso combinado se enfrontará ao Pío XII no Pavillón Castelao, e ás 18:00 horas xogará ante o Sigaltec BBC "A" nas pistas de Fontecarmoa.

 

Os dous primeiros clasificados da fase de grupos disputarán os cruces que determinarán aos equipos que se clasificarán para a Fase Final da Liga FGB Alevín Masculina da presente tempada 2011/2012.

 

Máis fotos do Alevín Masculino "A", campión de Vigo

.

.

.