miércoles, 23 de mayo de 2012

IV XORNADAS DE DIDÁCTICA E FORMACIÓN NO BALONCESTO: 25 E 26 DE MAIO DO 2012 EN VILAGARCÍA

 

O ciclo de ensinanza deportiva de baloncesto do IES Bouza Brey organiza un ano máis o seu clínic e que se celebrará os próximos días 25 e 26 de maio no Pavillón Municipal de Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa). A actual edición servirá como aperitivo ao XIV Campionato de España de Clubs Cadete Masculino que se celebrará entre o 27 de maio e o 2 de xuño entre a propia Vilagarcía de Arousa e Marín.

.

Por cuarta ocasión consecutiva, desde o Ciclo de Baloncesto do IES Bouza Brey ofrécese a posibilidade de poder participar nas súas Xornadas Formativas, actividade co bloncesto como epicentro e que agrupará a un atractivo cartel de expertos e profesionais de permanente actualidade.

 

O cartel das xornadas formativas contará con Porfirio Fisac, actual adestrador do Fuenlabrada; Moncho Fernández, ao temón do Obradoiro; Carlos Colinas, adestrador do RC Celta de Vigo de Liga Feminina; Lluis Arbalejo, Director Técnico e adestrador do CD Alcázar de Mahón (Menorca); e Víctor Pérez, axudante de Moncho Fernández no Obradoiro.

 

A inscrición realizarase baixo pago dunha cuota de inscrición de 10 euros no número de conta 2080-1073-32-3040002470. Os documentos acreditativos deste ingreso deberán remitirse ao enderezo eletectrónico cursobaloncesto@gmail.com.

 

Os adestradores/as que esten a realizar os Cursos de Nivel I e Nivel II da Federación Galega de Baloncesto poderá validar a súa presenza nestas IV Xornadas de Formación por un total de 8 horas.