jueves, 10 de mayo de 2012

FIN DE SEMANA CLAVE DO SÉNIOR MASCULINO "B" DO CLUB PARA A PERMANENCIA NA LIGA 3ª DIVISIÓN

(O Sénior Masculino "B" do Seis do Nadal - Coia da Liga 3ª División)

 

O equipo Sénior Masculino "B", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez, está a disputar a Fase de Descenso da Liga 3ª División Sénior Masculina da presente tempada.

.

O combinado Seis do Nadal - Coia, despois de conseguir o ascenso á Liga 3ª División a pasada tempada 2010/2011, rematou a primeira fase da competición na décima posición da clasificación competindo na maioría dos dezaoito partidos disputados. A clasificación final do grupo "E" foi a seguinte:

..

 

O Sénior Masculino "B", Seis do Nadal - Coia, está a disputar a fase de descenso da competición na zona sur da fase de clasificación do 49º ao 60º posto, xunto ao CB Restaurante Baño María (Vigo) e Serga B. Portonovo (Sanxenxo).

 

O primeiro partido desta fase que disputou o noso combinado foi ante o CB Restaurante Baño María nas pistas do Colexio Seis do Nadal, un igualado encontro que finalizou con vitoria visitante por 63-68, vantaxe que conseguiu nos últimos intres do cuarto período.

 

Esta xornada o Seis do Nadal - Coia vivirá unha fin de semana clave para a permanencia da entidade na Liga 3ª División Sénior Masculina. O noso conxunto disputará dous partidos: o sábado día 12 de maio xogará ás 18:00 horas ante o Serga B. Portonovo en Sanxenxo, e o domingo 13 de maio se enfrontará ao CB Restaurante Baño María ás 16:00 horas en Navia.

..

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia fai un chamamento a toda a "familia seisnadalista" para apoiar ao Sénior Masculino "B" no partido que disputará no pavillón de Navia, encontro clave para a permanencia.

..

Agardámosvos a xogadores/as, técnicos/as, pais, nais, familiares e amigos/as, o próximo domingo día 13 de maio ás 16:00 horas en Navia.