(Equipo Sénior Masculino da Liga 2ª División do Seis do Nadal)
..
SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)
..
CB GROVE TURIMARES (O Grove)
O máximo respresentante actual do baloncesto masculino en Vigo, o Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, terá esta fin de semana a oportunidade de finalizar a liga regular da Liga 2ª División Sénior Masculina na primeira posición do Grupo Sur e conseguir deste feito o ascenso á Liga 1ª División Sénior Masculina.
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia podería facer historia novamente esta fin de semana ao conseguir por méritos deportivos a primeira posición da Liga 2ª División e o consecuente ascenso á Liga 1ª División, feito que en vintenove anos de historia non foi conseguido na entidade de Coia.
.
O combinado adestrado por César Álvarez disputará o último partido da liga regular fronte ao CB Grove Turimares de O Grove ante a súa afición no Pavillón Municipal de Navia o próximo sábado día 21 de abril do 2012 ás 18:00 horas.
..
(Tódolos xogadores do equipo agradecendo o apoio dos aficionados)
..
O Seis do Nadal - Coia chega ao partido desta fin de semana na primeira posición do Grupo Sur e cun balance de dezasete vitorias e catro derrotas, despois de que na pasada xornada o Ourense Capital Termal, ata o momento líder do grupo, perdera o seu partido ante o MGR Val de Lemos e o primeiro posto da clasificación.
...
Despois da disputa da vixésimo primeira xornada da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/2012 e a falta de xogar a última das xornadas da liga regular, o Seis do Nadal - Coia ocupa a primeira posición dá táboa. A clasificación completa da competición é a seguinte:
.
..
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia fai un chamamento a toda a "familia seisnadalista" para apoiar ao Sénior Masculino Autonómico neste importante partido que se disputará no polideportivo de Navia.
..
Agardámosvoso a xogadores/as, técnicos/as, pais, nais, familiares e amigos/as, o próximo sábado 21 de abril ás 18:00 horas en Navia.
..
...
O Sénior Masculino Zonal inicia a Segunda Fase
.
O Sénior Masculino Zonal do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia adestrado por Carlos Rodríguez xogará o seu primeiro partido da Fase de Descenso o próximo sábado 21 de abril ás 18:00 horas no Colexio Seis do Nadal (Vigo).
...
Nesta nova fase da Liga 3ª División Sénior Masculina 11/12 o Seis do Nadal - Coia xogará xunto ao CB Esg Restaurante Baño María (Vigo) e o grupo Serga B. Portonovo (Sanxenxo), disputando o primeiro encontro da fase contra o equipo vigués en busca da permanencia na competición.
...
O equipo adestrado por Carlos Rodríguez rematou o Grupo "E" da Liga 3ª División Sénior Masculina na décima posición:
.
...
O Sénior Feminino tamén buscará o ascenso
.
O equipo Sénior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, adestrado e dirixido por Francisco J. García, xogará a Fase de Ascenso á Liga 1ª División Autonómica Feminina despois de finalizar na terceira posición do Grupo Sur da Liga 2ª División Sénior Feminina.
.
.
Na Fase de Ascenso o Sénior Feminino da entidade de Coia xogará ante o Col. Salesianos (Vigo) e o Maristas Cubicaje (A Coruña), iniciando a fase final disputando a primeira xornada ante o Salesianos no Colexio Seis do Nadal a próxima fin de semana do 28 e 29 de abril do 2012.