lunes, 30 de abril de 2012

LA ACADEMIA CELTA CAMPIÓN DA XORNADA FEMININA DO 12º TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET

(La Academia Celta campión feminino do 12º Torneo de Minibásquet 2012)

.

O combinado La Academia Celta proclamouse campión da xornada de categoría feminina do 12º Torneo Internacional de Minibásquet 2012 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo", unha cita anual do Club Baloncesto Seis do Nadal coas categorías inferiores que se celebrou no Polideportivo Municipal de Balaídos o pasado domingo 29 de abril do 2012.

.

Este Torneo de Minibásquet, un dos campionatos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que xa está a celebrar a súa duodécima edición, convoca ao mellor das canteiras de baloncesto da cidade de Vigo, da comunidade autónoma de Galicia e de Portugal, reunindo a máis de 400 deportistas e preto de 40 técnicos.

.

O pasado domingo celebrouse a xornada de categoría feminina na que participaron 12 equipos: os dous conxuntos do Seis do Nadal, Canteiras Porriño, C.B. Arxil (Pontevedra), La Academia Celta (Vigo), Pío XII (Santiago de Compostela), Carmelitas de Ourense, Desportivo de Leça (Portugal), Salesianos (Vigo), Cluny (Santiago de Compostela), C.B. Baiona (Vigo) e Marín Peixegalego (Marín).

.

As semifinais femininas enfrontaron ao Seis do Nadal "A" e ao C.B. Baiona, e ao Canteiras Porriño e La Academia Celta; combinados que lideraron os seus grupos na fase previa de clasificación disputada durante a mañá. Dous igualados e emocionantes partidos de semifinais remataron dando paso á final entre o conxunto anfitrión, o Seis do Nadal "A", e La Academia Celta, encontro que tras unha primeira parte moi igualada foi caíndo en máns de La Academia Celta a partir do quinto período e ata o final (47-55), sempre cunha grada chea de espectadores atentos a cada unha das xogadas de ambos combinados.

.

(As xogadoras do Seis do Nadal "A" co trofeo de subcampioas do torneo)

.

O partido polo terceiro e cuarto posto enfrontou ao Canteiras Porriño e ao C.B. Baiona, partido que dominou o combinado de O Porriño na primeira metade conseguindo unha importante diferenza que foi quen de manter aínda que o C.B. Baiona se levara a segunda metade. Ao final do encontro o marcador amosaba un 48-42 a favor do Porriño Baloncesto Base, terceiro clasificado da xornada feminina do torneo.

.

A quinta posición do torneo foi disputada entre dous equipos santiagueses, o Cluny e o Pío XII, conxuntos que venceron nos cruces dos segundos clasificados dos grupos de clasificación ao Salesianos Vigo e ao C.B. Arxil. O partido foi igualado desde o primeiro sexto ata o último período do encontro, e rematou cun 38-42 a favor de Pío XII despois de anotar as dúas últimas canastras do partidoo.

.

(As xogadoras do Canteiras Porriño co seu trofeo de terceiras clasificadas)

.

Na clausura do 12º Torneo Internacional de Minibásquet 2011 estiveron presentes Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Francisca García e Susana Román; membros da Xunta Directiva da entidade; Sergio González, Director Deportivo do Seis do Nadal - Coia; Manolo Dapena; en representación do Colexio Celso Emilio Ferreiro de Coia; diferentes adestradores e adestradores en representación do corpo técnico do club; e un grupo de xogadores e xogadoras en representación dos equipos federados da entidade..

.

O próximo martes 1 de maio do 2012 no Pavillón Municipal de Balaídos terá lugar a xornada masculina do 12ª Edición do Torneo Internacional de Minibásquet 2012 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" a partir das 10:30 horas da mañá na súa fase de clasificicación.