miércoles, 14 de marzo de 2012

O 8º CAMPUS DE VERÁN 2012 DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA XA TEN DATA: DO 2 AO 8 DE XULLO DO 2012

.

Durante a semana do 2 ao 8 de xullo do 2012 celebrarase nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo o 8º Campus de Verán 2012 organizado un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 17 anos.

.

Este campus ofrecerá, por oitavo ano consecutivo, ademais dunha completa formación deportiva que esta edición contará con contidos de inicicación e de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos cunha contrastada experiencia, un amplo abano de oportunidades de ocio, cultura e deporte.

.

As xornadas se desenvolverán na Cidade Universitaria de Vigo entre as 10:00 horas e as 19:30 horas. As instalacións ofrecerán múltiples oportunidades de establecer contacto con outros deportes e actividades físicas ao contar cunha pista polideportiva cuberta, unha piscina olímpica, un campo de herba sintética e un campo de herba natural.

.

Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores e monitores do Club Baloncesto Seis do Nadal e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións. Tódolos deportes e actividades alternativas serán impartidas durante o campus por entidades e clubs especializadas conseguindo o obxectivo de ofrecer o mellor producto deportivo e de lecer.

..

Non deixes escapar a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña. Proximamente se publicará nesta páxina web a folla de inscrición para participar no 8º Campus de Verán 2012 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.