domingo, 11 de marzo de 2012

DÚAS XOGADORAS ALEVÍNS DO CLUB PARTICIPARÁN NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS EN CÁDIZ

(Nerea Arambarri e Berta Rodríguez participarán no Cto. de España)

.

A un mes escaso de que o balón salte ao aire na XXV edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibásquet, a Federación Galega de Baloncesto publicou as listas definitivas das dúas Seleccións Galegas que estarán nesta cita.

.

Dispostos a competir entre o 31 de marzo e o 4 de abril en San Fernando (Cádiz), os dous combinados galegos estarán formados por xogadores e xogadoras representantes das catro provincias galegas e de diferentes clubs (un total de 18).

.

Tódolos novos seleccionados con Galicia son un total de 24 xogadores e xogadoras que levan traballando xunto as súas seleccionadoras ao longo de sete concentracións iniciadas o pasado día 15 de xaneiro do 2012.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará presente unha tempada deportiva máis no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibásquet, representado neste ano polas xogadoras Nerea Arambarri e Berta Rodríguez, integrantes do conxunto Alevín Feminino "A" do club dirixidas e adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, que formarán parte do combinado galego feminino.

.

Chegado este intre inevitable, no que se definen as seleccións e se deixan atrás adestramentos e convivencias con moitos compañeiro, a Federación e os seus responsables deportivos desexan agradecerlles a todos e cada un dos xogadores e xogadoras preseleccionados e partícipes desta etapa previa o seu compromiso para co proxecto.