viernes, 30 de marzo de 2012

4º TORNEO INTERNACIONAL INFANTIL "COIA, NÚCLEO DE BALONCESTO EN VIGO" DO C.BC. SEIS DO NADAL COIA

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Cuarta Edición do Torneo Internacional Infantil "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" nesta tempada 2011/2012.

.

A primeira das edicións deste torneo celebrouse na tempada 2005/06, e despois de rescatar o evento na pasada tempada 2009/2010, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará na presente tempada 2011/2012 e por terceiro ano consecutivo a Cuarta Edición do Torneo Internacional Infantil.

.

Os próximos días 6, 7 e 8 de abril do 2012 polas tardes, nas pistas olívicas do Polideportivo Municipal de Balaídos, e coincidindo coa celebración do 5º Torneo Internacional Cadete 2012, reuniranse a un total de 9 equipos de categoría infantil con máis de 120 deportistas e 25 técnicos.

.

O 4º Torneo Internacional Infantil 2012 contará con tres categorías diferentes. O venres 6 de abril disputarase o torneo de categoría Infantil Masculina Serie "Celso E. Ferreiro", o sábado 7 será o turno da categoría Infantil Feminina Serie "Seis do Nadal", e clausurará o evento a categoría Infantil Masculina Serie "Illas Cíes" o domingo día 8 de abril.

.

Os combinados infantís que participarán no torneo serán os equipos do Seis do Nadal (Vigo), GDG Basquetebol (Gafanha de Nazaré), Marín Peixegalego (Marín), Defensores do Morrazo (O Morrazo), Carmelitas Ourense (Ourense) e o Compañía de María (Santiago de Compostela).

.

Os combinados masculinos do Eduardo Blanco Amor e de O Meco así como o conxunto feminino do C.B. Arxil, vencedores do Torneo Infantil de Semana Santa da tempada pasada, terán nesta nova edición tres sucesores que defenderán o título de campións do 4º Torneo Internacional Infantil 2012.

.

O torneo conta coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, do Instituto Municipal dos Deportes, da Fundación Vide, da Deputación de Pontevedra, da Fundación Deporte Galego e da Federación Galega de Balocnesto; e conta tamén co apoio de Coca-Cola.