martes, 6 de septiembre de 2011

OS EQUIPOS INFANTÍS "A" DO CLUB XA COÑECEN CALENDARIO E RIVAIS DA COPA GALICIA 2011/2012

.

A primeira división da categoría infantil, tanto masculina como feminina, da Federación Galega Baloncesto xa coñece desde o pasado luns 5 de setembro o seu calendario para a Copa Galicia 2011/2012.

.

A Copa Galicia desta nova tempada 2011/2012 presenta un novo sistema de competición. Os doce equipos que xogarán na Liga 1ª División Infantil Masculina se repartiron en tres grupos de catro participantes cada un; mentres que os dez equipos que conforman a Liga 1ª División Infantil Feminina se dividiron en dous grupos de cinco conxuntos cada un.

.

O equipo Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Albert Tomas e Carlos Guada, estará encadrado no grupo "A" da Copa Galicia 2011/2012 xunto ao Porriño Baloncesto Base Canteiras "A" (O Porriño), Gayolo Begacar (Betanzos) e Estudiantes Lugo (Lugo).

.

Despois do sorteo do calendario da competición o conxunto Infantil Masculino "A" comezará a competición recibindo ao Estudiantes Lugo Leyma Natura a próxima fin de semana do 17 e 18 de setembro.

.

O calendario completo do grupo "A" da Copa Galicia Infantil Masculina 2011/12 pódese consultar aquí:

.

1ª x. (18/09): Seis do Nadal Coia - Estudiantes Lugo

2ª x. (25/09): Gayolo Begacar - Seis do Nadal Coia

3ª x. (02/10): Seis do Nadal Coia - Porriño Baloncesto Base

4ª x. (16/10): Estudiantes Lugo - Seis do Nadal Coia

5ª x. (23/10): Seis do Nadal Coia - Gayolo Begacar

6ª x. (06/11): Porriño Baloncesto Base - Seis do Nadal Coia

.

Cada un dos tres grupos xogará por sistema de liga a dobre volta (6 xornadas) clasificándose para a Fase Final o primeiro clasificado de cada un dos tres grupos e o mellor segundo. Estes catro equipos disputarán en réxime de concentración, nunha fin de semana, a Fase Final.

.

O equipo Infantil Feminino "A", dirixido por Sergio González, Alicia Álvarez e Daniel Rodríguez, competirá no grupo "B" da Copa Galicia 2011/2012 xunto ao Porriño Baloncesto Base Canteiras (O Porriño), Celta Maristas (Vigo), Carmelitas Ingatel (Ourense) e Cía María Vigo "A" (Vigo).

.

A primeira das xornadas que xogará o noso conxunto Infantil Feminino "A" será xogando como locatario a próxima fin de semana do 17 e 18 de setembro ante o Carmelitas Ingatel (Ourense).

.

O calendario completo do grupo "B" da Copa Galicia Infantil Feminina 2011/12 pódese consultar aquí:

.

1ª x. (18/09): Seis do Nadal Coia - Carmelitas Ingatel

2ª x. (25/09): Porriño Baloncesto Base - Seis do Nadal Coia

3ª x. (02/10): Seis do Nadal Coia - Cía María Vigo "A"

4ª x. (16/10): Seis do Nadal Coia - Celta Maristas

5ª x. (23/10): Descansa Seis do Nadal Coia

6ª x. (06/11): Carmelitas Ingatel - Seis do Nadal Coia

7ª x. (13/11): Seis do Nadal Coia - Porriño Baloncesto Base

8ª x. (20/11): Cía María Vigo "A" - Seis do Nadal Coia

9ª x. (27/11): Celta Maristas - Seis do Nadal Coia

10ª x. (11/12): Descansa Seis do Nadal - Coia

.

Os dous grupos xogarán por sistema de liga a dobre volta (10 xornadas) clasificándose para a Fase Final os dous primeiros equipos de cada grupo. Estes catro equipos disputarán en réxime de concentración, nunha fin de semana, a Fase Final.