martes, 6 de septiembre de 2011

EQUIPOS PARTICIPANTES NA NOVA LIGA 2ª DIVISIÓN SÉNIOR FEMININA DA PRÓXIMA TEMPADA 2011/2012

.

A Liga 2ª División de categoría Sénior Feminina porase en marcha esta nova tempada 2011/12 con 21 equipos, equipos que cumprimentaron a súa inscrición no prazo establecido pola Federación Galega de Baloncesto.

.

Esta cifra configúrase como a base para unha competición que se disputará dividida en dous grupos, os cales xogarán a súa liga regular, con ida e volta. A relación completa de equipos participantes, entre os que se atopará o Sénior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia adestrado e dirixido por Francisco Javier García, é a seguinte:

.

C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo)

Noia Curropesca.com (Noia)

Torvigo Baiona (Baiona)

Compañía de María Santiago (Santiago de Compostela)

Maristas Cubicaje (A Coruña)

Kusilas Básquet Courña (A Coruña)

C.B. San Pelayo (Santiago de Compostela)

Área 10 (Lugo)

C.D. Inmaculada (Santiago de Compostela)

Preciosport.com ADFRO (A Coruña)

Peleteiro (Santiago de Compostela)

Pulpalia AJSC (Lugo)

Baloncesto Cambre (Cambre)

Costa da Morte (A Coruña)

Los Sauces San José Guía (Vigo)

San José de la Guía (Vigo)

Fixagal María Pita (A Coruña)

Cenor Cluny (Santiago de Compostela)

Salesianos (Vigo)

Santa María del Mar (A Coruña)

SDC Boa Vila (Pontevedra)

.

O sorteo do calendario para a Fase Regular celebrarase o mércores día 7 de setembro do 2011 ás 19:00 horas na sede central da Federación Galega de Baloncesto en Santiago de Compostela. O sorteo deparará a orde de enfrontamentos para unha liga que comezará, segundo as bases de competición, o próximo mes de outubro.