sábado, 6 de agosto de 2011

ALBERT TOMAS E CARLOS GUADA DIRIXIRÁN A PRÓXIMA TEMPADA AO INFANTIL MASCULINO "A" DO CLUB

.

O equipo Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará adestrado a próxima tempada 2011/2012 por Albert Tomas, técnico que cumprirá a súa quinta tempada na entidade, e por Carlos Guada, adestrador que se incopora nesta nova campaña ao corpo técnico do club.

.

Albert Tomas cumprirá a súa quinta tempada deportiva como adestrador do club, desde a súa incorporación na tempada 2007/2008, dirixindo ao Infantil Masculino "A", equipo formado por xogadores nados nos anos 1998 e 1999, e que competirá na Liga 1ª División Infantil Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

.

Carlos Guada incorpórase esta tempada 2011/2012 ao corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, despois de adestrar na pasada tempada 2010/2011 no Club Baloncesto 6,25 Ponferrada ao Infantil Masculino Provincial, e dirixir ao Infantil Masculino Autonómico no Club Baloncesto Santa Marta na tempada 2009/2010. Ademais Carlos Guada é monitor e director do Campus de Baloncesto Ponferrada desde o pasado ano 2006.

.

Albert Tomas e Carlos Guada adestrarán e dirixirán ao grupo Infantil Masculino "A", combinado formado na súa maior parte polos rapaces que adestrou Albert Tomas a pasada tempada no Infantil Masculino "C", e que terán o seu primeiro contacto con Carlos Guada.

..

Liga 1ª División Infantil Masculina e Copa Galicia

..

O equipo Infantil Masculino "A" participará na Liga 1ª División Infantil Masculina, competición na que xogarán doce equipos nun grupo único por sistema de liga a dobre volta todos contra todos, cun total de vinte e dúas xornadas, e que comezará a fin de semana do 20 de novembro.

..

De xeito previo á primeira xornada da Liga 1ª División Infantil Masculina, o combinado adestrado por Albert Tomas e Carlos Guada, participará na Copa Galicia da categoría, competición na que os doce conxuntos se divididrán en tres grupos de catro conxuntos cada un, distribuídos por sorteo. Cada grupo xogará por sistema de liga a dobre volta, seis xornadas en total, formato de liga que comezará a fin de semana do 18 do próximo mes de setembro.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O conxunto Infantil Masculino "A" comezará os adestramentos de pretempada o próximo mércores 17 de agosto ás 19:00 horas no Colexio Seis do Nadal.