domingo, 10 de abril de 2011

O ALEVÍN MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL, 3º CLASIFICADO DA LIGA ZONAL, XOGARÁ A LIGA FGB ALEVÍN

.

ALEVÍN MASCULINO "A"

.

3º CLASIFICADO LIGA ZONAL DVB 2010/11

.

O Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Carlos Rodríguez, Nicolás Paz e Pablo García, rematou na terceira posición a Liga Zonal DVB Alevín Masculina da presente tempada 2010/2011, conseguindo así a clasificación para a Liga FGB Alevín Masculina destea tempada.

.

O cruce polo 3º e 4º posto enfrontou ao Seis do Nadal "A" e ao Canteiras "A", conxuntos que non superaron nas semifinais a C.B. Tui e Salesianos, respectivamente. Estando a terceira posición do campionato e a praza para a Liga FGB en xogo, o partido de ida disputado en O Porriño rematou cun 38-42 a favor do Seis do Nadal. Foi no partido de volta onde o equipo do Seis do Nadal - Coia conseguía superar ao Canteiras "A" rematando cun resultado de 55-31.

.

Ademais de rematar na terceira posición do Campionato Zonal DVB 2010/2011 o equipo Alevín Masculino "A" do Seis do Nadal xogará a Liga FGB Alevín Masculina, competición de ámbito autonómico quee xorde nesta tempada 2010/2011, e que xogará xunto a dous equipos vigueses máis: o C.B. Tui e o Salesianos, equipos que disputaron a final da competición.

.

Ao final do encontro de volta, D. Alberte Zato, Presidente da Delegación Viguesa e Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto; xunto a Concepción Martíns, membro da Xunta Directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, entregaron os trofeos e as medallas aos equipos clasificados na terceira e na cuarta posición da competición.

..

..

..