lunes, 11 de abril de 2011

3º TORNEO INTERNACIONAL INFANTIL "COIA, NÚCLEO DE BALONCESTO EN VIGO" DO C.B. SEIS DO NADAL

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Terceira Edición do Torneo Internacional Infantil "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" nesta tempada 2010/2011.

.

A Primeira das edicións deste torneo celebrouse na tempada 2005/06, e na pasada tempada 2009/10 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia rescataba esta iniciativa deportiva organizando a Segunda Edición. Na presente tempada 2010/11 e por segundo ano consecutivo, se organizára a Terceira Edición do Torneo Internacional Infantil.

.

Os próximos días 22, 23 e 24 de abril do 2011 polas tardes, nas instalacións do Polideportivo Municipal de Balaídos, e coincidindo coa celebración do 4º Torneo Internacional Cadete 2011, reuniranse a un total de 9 equipos de categoría infantil con máis de 120 deportistas e 25 técnicos.

.

O 3º Torneo Internacional Infantil 2011 contará con tres categorías diferentes. O venres 22 de abril disputarase o torneo de categoría Infantil Masculina Serie "Illas Cíes", o sábado 23 será o turno da categoría Infantil Feminina Serie "Seis do Nadal", e clausurará o campionato a categoría Infantil Masculina Serie "Celso Emilio Ferreiro" o domingo día 24.

.

Os combinados infantís que participarán no torneo serán os equipos do Seis do Nadal (Vigo), C.B. Arxil (Pontevedra), GDG Basquetebol (Gafanha de Nazaré), O Meco (O Grove), Eduardo Blanco Amor (Ourense), Marín Peixegalego (Marín) e Porriño Baloncesto Base (O Porriño).

.

Os combinados masculinos do Juventude Pacense e Porriño Baloncesto Base así como o conxunto feminino do Seis do Nadal, vencedores do Torneo Infantil de Semana Santa da tempada pasada, terán nesta nova edición tres sucesores que defenderán o título de campións do 3º Torneo Internacional Infantil 2011.

.

O torneo conta coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, do Instituto Municipal dos Deportes e da Fundación Vide; e conta tamén co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte e da Federación Galego de Baloncesto, así como de Novacaixagalicia e Coca-Cola.