viernes, 23 de julio de 2010

SERGIO GONZÁLEZ DIRIXIRÁ AO EQUIPO JÚNIOR MASCULINO "A" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2010/2011

.. ..

.

Sergio González continuará un ano máis no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e adestrará ao equipo Júnior Masculino "A", grupo composto por xogadores nados nos anos 93 e 94.

.

A pasada campaña 2009/2010 Sergio González, adestrou ao Júnior Masculino "B", equipo composto na súa maior parte por xogadores de primeiro ano na categoría júnior, xogadores que estarán un cruso máis nas mans de Sergio González no seu segundo ano na categoría.

.

A próxima tempada 2010/2011 cumprirá a súa oitava campaña como membro do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia adestrando ao Júnior Masculino "A", conxunto que competirá na Fase Previa da Liga FGB e loitará por unha praza na competición autonómica da categoría.

.

INICIO DA PRETEMPADA 2010/2011:

- Martes 27 de xullo ás 19:00 horas (Colexio Seis do Nadal)