domingo, 4 de abril de 2010

A SELECCIÓN VIGUESA CAMPIOA DO 3º TORNEO INTERNACIONAL CADETE EN CATEGORÍA MASCULINA SERIE "A"

.

.

O pasado domingo día 4 de abril do 2010 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou a xornada de categoría Cadete Masculina Serie "A" do 3º Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo", xornada na que a Selección Precadete de Vigo se proclamou campioa.

.

Os seis equipos que competiron nesta xornada de categoría Cadete Masculina Serie "A" foron o Izmar Seis do Nadal (Vigo), Colexio Agustinos de León (León), Instituto Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), a Selección Precadete de Vigo (Vigo), F.C. Porto (Oporto - Portugal) e Básquet Coruña (A Coruña).

.

Estes seis equipos divididos en dous grupos disputaron a fase de clasificación durante a mañá no Pavillón Municipal de Balaídos. O F.C. Porto encabezou o Grupo "A", seguido do Rosalía de Castro e do Izmar Seis do Nadal. No Grupo "B" a Selección Precadete Viguesa foi o primeiro equipo clasificado, sendo o segundo o Colexio Agustinos de León, e o terceiro o Básquet Coruña.

.

Na fase final de cruces, disputada pola tarde, no partido polo 5º e 6º posto o Izmar Seis do Nadal lograba a vitoria ante o Básquet Coruña despois de que nos intres finais do encontro o equipo coruñés fixo peligrar a vitoria do Seis do Nadal. No encontro pola 3º e 4º posición disputado entre o Colexio Agustinos de León e o Rosalía de Castro dominou a igualdade ao longo de todo encontro decidíndose o partido nos últimos segundos a favor do Rosalía de Castro santiagués.

.

O partido final da Categoría Masculina Serie "A" do 3º Torneo Internacional Cadete 2010 emparexou á Selección Precadete Zonal de Vigo e ao F.C. Porto. Despois dun encontro no que os equipos finalistas non lograban distanciarse no marcador, a igualdade permaneceu novamente ata os últimos minutos. Nos últimos dez segundos do encontro o equipo luso gañaba pola mínima (71-72). A derradeira posesión en máns da Selección Precadete Viguesa decidiu o encontro, e tras un rápido ataque os xogadores da selección anotaron unha canastra de dous puntos (73-72) que lles proclamba campións desta terceira xornada do torneo.

.

.

.

.

.

No acto de clausura e na entrega de premios desta xornada de categoría Masculina Serie "A" do Torneo Internacional Cadete 2010 estivo presente Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Conchi Martíns, Directiva do club; Sergio González, Director Deportivo da entidade; Adolfo Puig, como representación dos pais e nais; Margarita Niño, Secretaria do CPI Celso Emilio Ferreiro; e Breixo Solla, en representación dos adestradores do club.