.
"As pistas polideportivas de Balaídos convertíronse a pasada fin de semana no centro baloncestístico da cidade grazas á disputa dun dobre torneo internacional, cadete e infantil tanto masculino como feminino, que baixo o nome de "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" reuniu a 27 equipos e a máis de 400 participantes."
.
"A cita, organizada polo Baloncesto Seis do Nadal co apoio da Concellería de Deportes e o Instituto Municipal dos Deportes, contou coa presenza de clubs de diferentes puntos de Galicia, conxuntos portugueses, ademais dos combinados anfitrións e outros clubs vigueses."
.
Así comeza a reportaxe publicada hoxe, mércores día 7 de abril do 2010, no suplemento deportivo Campeones de Faro de Vigo sobre o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, e o 3º Torneo Internacional Cadete e o 2º Torneo Internacional Infantil.
.
Para acceder á reportaxe podedes pulsar nas imaxes desta noticia ou descargar o Suplemento "Campeones" ao completo pulsando aquí.