viernes, 16 de octubre de 2009

MÁIS FOTOS DO PREMIO AO MELLOR EQUIPO SIAREIRO BASE 2008/2009

A Fundación Vigo en Deporte entregou o pasado xoves 8 de outubro os Premios Siareiros, un recoñecemento creado este ano para lembrar a tempada pasada 2008/2009.

Esta entrega se fixo nunha gala de inicio da nova campaña 2009/2010 no Verbum-Casa das Palabras; nel deuse cita todo o deporte Siareiro vigués, corenta clubs entre as entidades de base e as de elite adscritas ao programa Siareiros, os patróns de VIDE e as súas empresas patrocinadoras e colaboradoras.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia obtivo o premio ao Mellor Club Siareiro Base polo seu traballo para promocionar o programa Siareiros Base e a súa axuda para que VIDE siga a crecer día tras día. O premio foi recibido por Mar Lago Villar, Presidenta da entidade.