miércoles, 17 de septiembre de 2008

CATERINA LAGO, ADESTRADORA AXUDANTE DO ALEVÍN FEMININO "A"

Caterina Lago será a nova adestradora axudante do Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta tempada 2008/09. Nesta campaña ademais de adestrar Escolas Deportivas tamén adestrará no Deporte Federado por segundo ano consecutivo despois da experiencia da pasada tempada.

A pasada campaña 2008/09 Caterina realizaou labores de adestradora axudante nas Escolas Deportivas Municipais do CEIP Emilia Pardo Bazán "Chouzo" e no CEIP Doutor Fléming, e no equipo federado Alevín Feminino "A", actual campión galego. Nesta nova tempada ademais da súa labor de monitora en Escolas Deportivas tamén desenvolverá funcións de adestradora axudante no Deporte Federado no equipo Alevín Feminino "A" xunto a Aalí Mohamed.

 

Con esta incorporación, a Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia continua facendo realidade o obxectivo de incorporar a xogadores/as e ex-xogadores/as ás labores e funcións de adestradores/as e monitores/as, nutrindo o amplo corpo técnico e conformando un sólido grupo de traballo.