jueves, 23 de agosto de 2007

QUIQUE CELEIRO DIRIXIRÁ O CADETE MASCULINO "B"

O adestrador que dirixirá nesta nova temporada 2007-08 ao Cadete Masculino "B", equipo que xogará a competición Zonal de Vigo, será Quique Celeiro. Este equipo estará formado por un plantel de xogadores nacidos nos anos 1992 e 1993, é dicir, por xogadores que remataron a súa etapa infantil e por xogadores que xa levan un ano na categoría cadete.
 
Quique Celeiro é un dos adestradores que máis tempo leva no C.B. Seis do Nadal - Coia. Xa pasaron moitos anos desde aquela temporada 1999/2000 na que Quique comezaba a súa andadura como adestrador de baloncesto. Pasados os anos e acumuladas as experiencias de case unha década continúa sendo compoñente do grupo de adestradores do noso club.
 
O Cadete Masculino "B" comezará a pretemporada o próximo luns 27 de agosto ás 19:00 horas na ponte de Castrelos. Espereamos que esta temporada sexa un bo ano de traballo e aprendizaxe para este equipo dirixido por un adestrador con sobrada experiencia neste ámbito como é Quique Celeiro.
 
TRAXECTORIA NO CLUB:
- Desde a temporada 1999-2000 ata a actualidade.
- TEMPORADA 2006-07: Infantil Masculino "A".
- TEMPORADA 2005-06: Infantil Masculino "C".