martes, 14 de agosto de 2007

NURIA GÓMEZ DIRIXIRÁ O INFANTIL MASCULINO "A" E O CADETE FEMININO

Nuria Gómez, adestradora con titulación superior, continuará outra tempada máis como adestradora do C.B. Seis do Nadal - Coia, despois de pertencer ao staff técnico do club desde a temporada 2001-2002.
 
Nesta nova campaña dirixirá ao Infantil Masculino "A" formado por xogadores do ano 1994, e ao Cadete Feminino formado por xogadoras dos anos 1992 e 1993. Ambos equipos xogarán as fases previas da delegación para intentar clasificarse para as Ligas F.G.B. correspondentes.
 
TRAXECTORIA NO CLUB:
- Desde a temporada 2001-02 ata a actualidade.
- TEMPORADA 2006-07: Senior Feminino, Júnior Feminino, Infantil Masculino "B" e escolas deportivas.
- TEMPORADA 2005-06: Senior Feminino, Cadete Masculino "B", Alevín Masculino "A" e escolas deportivas.