martes, 10 de mayo de 2022

ABERTO UN NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A SEGUNDA SEMANA DO CAMPUS DE VERÁN 2022 DO SEIS DO NADAL - COIA

Despois da excelente acollida da primeira semana, abrimos a inscirición para unha nova semana do Campus de Verán 2022 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia!

Durante a semana do 11 ao 16 de xullo do 2022 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal a segunda semana do Campus de Verán 2022 organizado un ano máis, un verán máis, polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos, e con tódalas medidas de seguridade e hixiene esixidas polas autoridades..

Este campus ofrecerá unha formación deportiva específica que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións..

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:00 e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña. 

Poderán inscribirse neste Campus de Verán os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2015) e ata júnior (nados no ano 2005). 

O prezo deste campus é de 100 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 80 euros. Nesta edicion haberá descontos por facer a inscrición antes do 31 de maio do 2022: 90 euros para deportistas externos e 70 euros para deportistas do club e os seus irmáns. Se ademais xa se está apuntad@ na primeira semana o prezo desta segunda semana será de 80 euros para deportistas externos e de 60 euros para deportistas do club e irmáns.

As prazas dispoñibles para a segunda semana do Campus de Verán 2022 son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (tendo validez a data que figure en cada comprobante de pago). A inscrición desta nova edición do Campus de Verán 2022 se fará a través do seguiente formulario web pulsando aquí.