viernes, 3 de diciembre de 2021

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DE INVERNO 2021 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

Nas próximas vacacións de Nadal o Club Baloncesto Seis do Nadal organizará as Xornadas de Tecnificación de Inverno 2021..

Durante a semana do 27 ao 30 de decembr0 do 2021 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal as Xornadas de Tecnificación de Inverno 2021 organizadas un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos, e con tódalas medidas impostas de seguridade e hixiene esixidas polas autoridades..

Este campus ofrecerá unha formación deportiva específica que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. As sesións estarán centradas na mecánica de tiro, na técnica individual, na táctica colectiva e individual, na toma de decisións e na preparación física..

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:30 e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar este Nadal connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña. 

Poderán inscribirse neste Campus de Inverno os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os e as deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2015) e ata júnior (nados no ano 2004). 

O prezo deste campus é de 75 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 60 euros. 

As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación de Inverno 2021 son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (tendo validez a data que figure en cada un dos comprobantes de pago). Para formalizar a inscrición é preciso enviar a folla de inscrición seguinte, a autoricación e o xustificante de pago ao enderezo areadeportiva@seisdonadalcoia.com.