Desde tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos colaborar unha vez máis co Banco de Alimentos de Vigo axudando a difundir a súa campaña da Gran Recollida de Alimentos para apoiar aos que máis o precisan nestes momentos.
Na imaxe de arriba unha representación dos xogadores do Sénior Masculino de Primeira División e das xogadoras do Sénior Feminino de Primeira Nacional amosan o seu apoi á Gran Recollida de Alimentos de Vigo e Pontevedra. Nas imaxes de abaixo os deportistas máis pequenos do club tamén colaboran coa difusión da Gran Recollida do Banco de Alimentos de Vigo.
O importante é COLABORAR! Axudémonos entre todos e todas!
#GranRecogidaVigoYPontevedra