domingo, 25 de octubre de 2020

DÍA HISTÓRICO E CELEBRACIÓN PARA O CLUB AO DISPUTAR O PRIMEIRO PARTIDO NA PRIMEIRA DIVISIÓN NACIONAL FEMININA

   

Vitoria no seu debut na Primeira División Nacional Feminina do Forbe Seis do Nadal ante un duro rival como o Baloncesto Peleteiro cun resultado final de 46-58.

Parabéns ás nosas xogadoras e aos nosos técnicos por facer deste día histórico para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, ao xogar o primeiro partido da historia nesta competición, unha celebración completa conseguindo esta vitoria a domicilio.