lunes, 14 de septiembre de 2020

REUNIÓN DE INICIO DA TEMPADA 2020/2021 DO CORPO TÉCNICO DOS EQUIPOS FEDERADOS DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

O pasado sábado día 12 de setembro do 2020 celebrouse a reunión de inicio da nova tempada 2020/2021 dos adestradores e adestradoras dos Equipos Federados do Club  Baloncesto Seis do Nadal - Coia na pista do Colexio Seis do Nadal.

Baixo a dirección de Sergio González, Director Deportivo da entidade, o corpo técnico unificou os criterios e liñas de traballo e lembráronse tódolos protocolos e medidas de seguridade e hixiene vixentes neste inicio de tempada.