.
Xa temos os cruces da primeira rolda da versión "Kids" do Torneo Autonómico NBA 2K20, organizado polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia co apoio da Federación Galega de Baloncesto e Tiro Libre SCQ, que terá lugar o domingo día 10 de maio do 2020 e que se poderá seguir a través da nosa canle de Twitch.
.
O sorteo dos partidos da primeira rolda tivo lugar o pasado venres 8 de maio do 2020 ás 18:00 horas da tarde e estivo presentado por Carlos Tresandí, presentador e colaborador da Radio Galega, e Sergio González, Director Deportivo e técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Ademais tamén estiveron presentes durante o sroteo como convidados especiais: María Araújo, xogadora do Spar CityLift Girona; David Navarro, xogador do Monbus Obradoiro; Pepe Capelán e Lucía Veiga, presentadores da TVG.
(Imaxe do sorteo da Primeira Rolda do Torneo Autonóico Kids NBA 2K20)