SORTEO DE LUXO PARA OS CRUCES DE PRIMEIRA ROLDA DA PRIMEIRA EDICIÓN DO TORNEO AUTONÓMICO NBA 2K20

.

Xa temos os partidos da primeira rolda da Primeira Edición do Torneo Autonómico NBA 2K20, organizado polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e Tiro Libre SCQ, que terá lugar o domingo día 26 de abril do 2020 e que se poderá seguir a través da nosa canle de Twitch.

.

 

O sorteo dos partidos da primeira rolda tivo lugar o pasado venres 24 de abril do 2020 ás 18:00 horas da tarde e estivo presentado por Carlos Tresandí, presentador e colaborador da Radio Galega, e Sergio González, Director Deportivo e técnico do Seis do Nadal - Coia. Ademais estiveron presentes como convidados especiais: Pepe Pozas, xogador do Monbus Obradoiro; Moncho Fernández, técnico do Monbus Obradoiro; e David Amor, actor e humorista galego.

 

(Imaxe do sorteo da Primeira Rolda do Torneo Autonóico NBA 2K20)