(De esquerda a dereita: Gorka Gómez, Abel Caballero, Iria Otero, Manel Fernández e Sergio González durante a presentación da Liga LINCO 2020)
.
O pasado venres día 31 de xaneiro do 2020 celebroouse no pavillón de Navia a presentación dos equipos e participantes da Liga LINCO Concello de Vigo 2020 organizada un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia co apoio do Concello de Vigo.
.
Preto de 150 xogadores e xogadoras xunto aos máis de 20 monitores saltaron á pista coa nova camiseta que vestiran ao longo das competicións interesoclares desta tempada. Un total de 17 equipos formados por rapaces e rapazas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, o CEP Doutor Fléming, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Pintor Laxeiro e Col. Labor, e das dúas Escolas Deportivas Municipais do Berbés e Navia; competirán a partir do próximo venres 7 de febreiro na nova Liga LINCO Concello de Vigo.
(Abel Caballeiro deu o salto inicial ao primeiro partido das Ligas LINCO)
Tamén estivo presente en Navia o grupo de árbitros desta nova edición da LINCO, formado por xogadores e xogadoras dos combinados federados da entidade viguesa das categorías cadete, júnior e da sénior que aproveitarán a Liga LINCO para formarse como árbitros de baloncesto.
.
Para iniciar os primeiros dos partidos amigables deste curso estiveron presentes na xornada Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo; Manel Fernández, Concelleiro de Deportes de Vigo; Gorka Gómez, Deputado de Deportes da Deputación de Pontevedra; David Regades, Delegado da Zona Franca de Vigo; Alberto Gómez, responsable da empresa Pintunova; e membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.