miércoles, 19 de febrero de 2020

A AULA FORMATIVA DO ADESTRADOR ESTREASE NESTE ANO 2020 COA COLABORACIÓN DO SEIS DO NADAL

.

No ecuador desta tempada 2019/2020 a Federación Galega de Baloncesto, coa colaboración do noso Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, reactiva de novo o formato da "Aula Formativa do Adestrador". A primeira das convocatorias deste ano será no concello de Vigo o vindeiro martes 25 de febreiro do 2020 no pavillón de Navia.

.

O programa da Aula Formativa cubrirá toda a tarde do martes a través das intervencións de Javier Peinó e Álex Gómez, técnicos ambos que teñen experiencia como Seleccionadores e en dinámicas de clubs e que porán ao alcande de tódolos interesados que se acheguen as seguintes parcelas temáticas:

 

(17:00 h.) Javi Peinó, Seleccionador Galego Infantil Masc.

"Propostas defensivas para a evolución do xogador"

 

(19:00 h.) Álex Gómez, Ex-Seleccionador Andaluz Mini Fem.

"Propostas defensivas para a evolución do xogador"