miércoles, 29 de enero de 2020

TODO PREPARADO PARA O COMEZO DA NOVA EDICIÓN DA LIGA INTERNA DE COLEXIOS, LIGA LINCO 2020

(Membros do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xunto a Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, durante a presentación da nova edición da Liga LINCO)

.

O pasado martes día 28 de xaneiro do 2020 tivo lugar no Concello de Vigo a presentación aos medios da nova edición da Liga Interna de Colexios, Liga LINCO 2020, que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia coa colaboración do Concello de Vigo na presente tempada 2019/2020.

.

Durante a presentación da nova edición da Liga LINCO 2020, Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, estivo acompañado polo Director Deportivo da entidade, Sergio González; e os membros da nova Xunta Directiva do club Ramón Román, María Sanjurjo e Patricia Leirós.

 

A Liga LINCO de categoría minibásquet, dirixida a xogadores e xogadoras de 6 a 12 anos, cumpre xa o seu décimo oitavo aniversario e se celebrará tódolos venres no pavillón de Navia de 16:15 a 18:00 horas, sendo a xornada de presentación este venres 31 de xaneiro do 2020.

.

Preto de 150 nenos e nenas participarán nesta Liga LINCO 2020, escolares integrantes das Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas do Club Baloncesto Seis do Nadal: as escolas deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro e Colexio Labor; e os pavillóns do Berbes e Navia.

 

Aínda que o Concello de Vigo é o patrocinador principal das Liga LINCO, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia conta co apoio e coas colaboracións privadas de Larsa, Biscuits Galicia e Pintunova; tanto para as merendas como para o material necesario nestas competicións.