ÁNGEL TABOADA, XOGADOR DO ALEVÍN MASCULINO, FOI O GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

(Ángel Taboada cos seus premios xunto a Abel Caballero, Alcalde de Vigo, e Margarita Trigo e Nuria Tombo, responsables de PapelYa!)

.

Esta tempada 19/20 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por décimo terceiro ano consecutivo a 13ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido aos xogador@s de categoría minibásquet dos equipos federados e das escolas.

.

A postal gañadora do 13º Concurso de Postais de Nadal foi a postal deseñada e presentada por Ángel Taboada, xogador do equipo federado Alevín Masculino "A", dirixido por Aalí Mohamed e Antía Pérez.

.

A postal gañadora do concurso realizada polo xogador Ángel Taboada será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia felicitará as festas a presente tempada 19/20 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, etc.

.

Ademais o creador da postal gañadora do 13º Concurso de Postais de Nadal recibiu como premios, durante o acto da Presentación Oficial do presente curso 2019/2020 e das mans de Abel Caballero, Alcalde de Vigo, mostras da súa postal e material cedido por PapelYa!.

.

(Abel Caballero anunciando a postal gañadora durante a Presentación)