(Deportistas do club xunto a Abel Caballero durante a inauguración)
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo representado o pasado luns día 26 de agosto na inauguración da tradicional exposición fotográfica situada na Rúa Príncipe dentro do programa de actividades do Memorial Quino Salvo. Estiveron tamén presentes no acto Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo; e Manel Fernández, Concelleiro de Deportes.
Os conxuntos Alevín Masculino e Alevín Feminino de Primeira División do club participarán, como xa é tradición, no Torneo de Minibásquet do Memorial Quino Salvo que esta tempada se organizará na Praza do Rei ao longo da mañá do próximo sábado día 7 de setembro do 2019.
O acto central desta edición volverá a ser o partido que se disputará o martes 10 de setembro do 2019 ás 20:30 horas no pavillón de As Travesas que enfrontará ao Monbus Obradoiro CAB (Santiago de Compostela) e ao Alba Berlín (Alemania).
.