(O combinado do Seis do Nadal que participar na Liga Sub22)
..
Comezou esta fin de semana a Liga Sub22 de categoría feminina organizada pola Federación Galega de Baloncesto na que participará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
..
Neste tempada 2018/2019 o Circuito Sub22 Feminino contará con tres concentracións e con oito equipos participantes: Forbe Seis do Nadal, Pío XII Rosalía (Santiago Compostela), Porriño Baloncesto Base (O Porriño), Carmelitas (Ourense), Xuven (Cambados), Arxil Mafari Café (Pontevedra), Compañía de María (Vigo) e CB Dorna (Illa de Arousa)
..
Os oito equipos anteriores darán vida a primeira das quendas de partidos repartidos en dúas sedes. O conxunto do Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Jorge Martínez e Ana Martín, xogará na sede do CB Dorna (Illa de Arousa) o sábado 25 de maio do 2019 seguindo o seguinte horario:
..
Sábado 25 de maio do 2019 - CB Dorna (Illa de Arousa)
(10:00 h.) CB Dorna - Xuven Cambados
(12:00 h.) Forbe Seis do Nadal 52 - Pío XII Rosalía 85
(16:30 h.) Pío XII Rosalía - Xuven Cambados
(18:30 h.) CB Dorna 61 - Forbe Seis do Nadal 75