lunes, 20 de mayo de 2019

O CB SEIS DO NADAL PARTICIPOU NO TORNEO PREMINIBÁSQUET DO PORRIÑO BALONCESTO BASE

(Os equipos benxamíns do club que participaron no torneo en O Porriño)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou no Torneo de Preminibásquet 2019 que organizou un ano máis o Porriño Baloncesto Base o pasado venres día 17 de maio do 2019, Día das Letras Galegas.

.

Os conxuntos da noso club que participaron no torneo foron o equipo Benxamín Masculino "A", adestrado por Hugo López e Pablo Alonso; e o combinado Benxamín Mixto, capitaneado por Marta Espantoso e Pablo Alonso.

-.

O Pavillón Municipal de O Porriño foi o escenario, a partir das 10:00 horas da mañá, dunha nova edición do Torneo Preminibásquet do Porriño Baloncesto Base (O Porriño) no que participaron un total de oito equipos benxamíns.