miércoles, 29 de mayo de 2019

O ALEVÍN MASCULINO "A" DO CLUB DISPUTARÁ A FASE FINAL A6 DA LIGA PRIMEIRA DIVISIÓN MINI MASCULINA

..

(O Alevín Masculino "A" do club disputará a Fase Final FGB A6)

..

O equipo Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, PapelYa! Seis do Nadal, adestrado por Sergio González e Brais Álvarez, participará esta fin de semana na Fase Final A6 da Liga 1ª División Minibásquet Masculina da presente tempada 2018/2019.

..

O noso combinado continúa na loita polo título de campións galegos xunto ao Estudiantes de Pontevedra, Básket Ferrol, Baloncesto Narón, CB Tui Mascato e Pío XII Rosalía (Santiago de Compostela). A Fase Final A6 desta liga disputarase esta fin de semana, sábado 1 e domingo 2 de xuño do 2019, no Pavillón Municipal Coto Ferreiro de A Estrada.

..

O PapelYa! Seis do Nadal, segundo clasificado do grupo Sur da competición, buscará o pase ás semifinais ante o equipo Baloncesto Narón, terceiro dos clasificados do grupo Norte, nun partido de clasificación que se disputará este sábado día 1 de xuño do 2019 ás 9:30 horas. As semifinais e a final da competición se disputarán o domingo día 2 de xuño do 2019.

..

MOITA SORTE A TODOS

E NORABOA, XA ESTADES ENTRE OS

SEIS MELLORES EQUIPOS DE GALICIA!