.
O Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizará esta nova tempada 2018/2019 a Décimo Segunda Edición do Torneo Syngenta Cadete e a Décimo Primeira Edición do Torneo Syngenta Infantil. Despois do gran éxito e acollida de todas as edicións anteriores, repetirase esta iniciativa os días 19, 20 e 21 de abril do 2019, dentro dos Torneos Concello de Vigo de Semana Santa.
.
Nos últimos días das vacacións de Semana Santa, os días 19, 20 e 21 de abril do 2019, as pistas dos Pavillóns Municipais de Navia e de Bouzas, reunirán a un total de 36 combinados das categorías cadete e infantil con máis de 400 deportistas e 60 técnicos.
.
Os Torneos de Baloncesto Cadete e Infantil 2019 contarán con tres xornadas diferentes. O venres 19 de abril do 2019 disputarase a xornada de categoría Cadete Masculina "B" e de Cadete Feminina "B", o sábado 20 de abril será o turno das categorías Infantil Masculina e da Infantil Feminina, e clausurarán o torneo as categorías Cadete Masculina "A" e Cadete Feminina "A" o domingo día 21 de abril.