lunes, 29 de abril de 2019

CHEGOU O MOMENTO DO 19º TORNEO DE MINIBÁSQUET 2019 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nesta tempada 2018/2019 a 19ª Edición do Torneo de Minibásquet "Concello de Vigo" 2019, unha cita anual do noso club coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 1 e 5 de maio do 2019.

.

Este o noso Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa décimo novena edición, reunirá nos próximos 1 de maio e 5 de maio a 24 equipos de Vigo e da comunidade autónoma de Galicia, xuntando a máis de 300 nenos e nenas e preto de 40 técnicos.

.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros o Pavillón Municipal de Navia contando con catro pistas de xogo nas que se xogarán un total de 42 partidos nas dúas xornadas. O mércores 1 de maio terá lugar a competición de categoría masculina, sendo o domingo día 5 de maio o día do torneo para os equipos de categoría masculina.

.

Os doce equipos que participarán nesta nova edición en cada categoría buscarán revalidar o título que xa poseen nas súas mans o Seis do Nadal - Coia, campión en categoría masculina e feminina da pasada edición.

.

Proximamente poderán consultarse nesta mesma páxina web os grupos de cada categoría, os calendarios de xogo e toda a información referente ao 19º Torneo de Minibásquet "Concello de Vigo" 2019.