(Os equipos Cadete Masculino "B" e Cadete Feminino "B" en Noia)
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou o pasado xoves día 3 de xaneiro do 2019 no XIV Navibásket "Vila de Noia" organizado polo Club Baloncesto Noia no polideportivo Alonso Rodríguez e no pavillón Agustín Mourís.
.
(Os equipos do club tras recoller os seus premios na clausura do torneo)
Do Club Baloncesto Seis do Nadal participaron no torneo o Cadete Masculino "B", capitaneado por Álvaro Rodríguez e Laura Vilanova, e o Cadete Feminino "B", dirixido por Sandra Solano e Rebeca Figueirido. Xa na categoría cadete masculina tamén participaron os equipos do CB Noia, Costa da Morte e Marín Peixegalego, e en categoría cadete feminina os equipos do CB Noia, CB Redondela, Marín Peixegalego e Río Ulla.