(O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu a unha representación do club para presentar os actos de celebración do 35º Aniversario)
.
O Alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, recibiu a unha representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, encabezada por Sergio González, Director Deportivo do club; e Ramón Román, Directivo da entidade; para presentar os actos que organizará a club vigués con motivo da celebración do 35º Aniversario: a Presentación Oficial desta tempada e a Gala de Conmemoración do Aniversario.
.
Na presentación oficial o noso club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 700 deportistas, aos que se lle suman os máis de 40 monitores e adestradores/as que conforman o corpo técnico da entidade.
.
A celebración da Presentación Oficial 2018/2019 terá lugar o próximo domingo día 16 de decembro do 2018 a partir das 12:30 h. no Pavillón Municipal de Navia, nun acto no que se poderá colaborar co Banco de Alimentos de Vigo cunha gran Recollida de Alimentos e no que se poderá amosar o apoio á Candidatura das Illas Cíes para que sexan Patrimonio da Humanidade.
.
A Gala de Conmemoración do 35º Aniversario se celebrará o próximo luns día 17 de decembro do 2018 a partir das 20:00 horas no Hotel Coia; xuntándose o presente e o pasado da entidade nun acto que pretende lembrar a historia do club e agradecer e recoñecer o traballo e esforzo de moitas persoas e moitas entidades ao longo dos anos.
Desde tódalas seccións do Seis do Nadal - Coia invitan a tódolos integrantes do club, do presente e do pasado, a asistir á Presentación Oficial deste domingo no pavillón de Navia e poder descubrir o elevado número de deportistas que forman parte da entidade na actualidade. Agardámosvos a todos e todas!