(Gael Salas cos seus premios xunto a Abel Caballero, Alcalde de Vigo, e Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia)
.
Esta tempada 18/19 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por duodécimo ano consecutivo a 12ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores de categoría minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.
.
A postal gañadora do 12º Concurso de Postais de Nadal foi a postal deseñada e presentada por Gael Salas, xogador da Escola Deportiva do CEIP Doutor Fléming e adestrador por Álvaro Rodríguez, Javier Román e Sandra Cacheda.
.
A postal gañadora do concurso realizada polo xogador Gael Salas será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia felicitará as festas a presente tempada 2018/19 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, etc.
.
Ademais o creador da postal gañadora do 12º Concurso de Postais de Nadal recibiu como premios, durante o acto da Presentación Oficial do presente curso 2018/2019 e das mans de Abel Caballero, Alcalde de Vigo, mostras da súa postal, unha camiseta do 35º Aniversario e material deportivo.
.
(Abel Caballero, Alcalde de Vigo, saudando a Gael Salas durante a Presentación Oficial da presente tempada 2018/2019)
Pulsa AQUÍ para acceder
a tódalas postais participantes