OS EQUIPOS ALEVÍNS "A" DO CLUB PARTICIPARON NO TORNEO ALEVÍN DO III MEMORIAL QUINO SALVO

 

Os equipos Alevín Masculino "A" e Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia participaron no Torneo de Minibásquet do III Memorial Quino Salvo que tivo lugar o pasado sábado 15 de setembro do 2018 na Prazo do Rei a partir das 10:00 horas da mañá.

.

(O equipo Alevín Masculino "A" durante o Torneo de Minibásquet)

.

O grupo Alevín Masculino "A", dirixido por Sergio González e Brais Álvarez, participou no torneo xunto aos combinados de Novobásket, Salesianos, Marín Peixegalego, CB Tui Seta e o Porriño Baloncesto Base. O Alevín Feminino "A", adestrado e dirixido por Abraham Vieira e Sandra Solano, participou no torneo xunto aos equipos de Salesianos, RC Celta, Defensores do Morrazo, Marín Peixegalego e Porriño Baloncesto.

.

.(Xogadoras e adestradores do Alevín Feminino "A" no Torneo de Minibásquet)

.

(Fotografías de Jorge González Marqués)