(De esquera a dereita durante a renovación da colaboración: Ramón Román, directivo do club; Pablo Alonso, adestrador da entidade; Pablo Troncoso, un dos administradores de Biscuits Galicia; Sergio González, Director Deportivo do club; e Javier Román, xogador da entidade)
.
Biscuits Galicia volverá a ser unha campaña máis empresa Colaboradora do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia mantendo o seu apoio coa entidade viguesa, cumpríndose a sexta tempada que Biscuits Galicia amosa o seu compromiso co club con maior número de licenzas de Galicia.
A pasada semana membros da Xunta Directiva e da Área Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, visitaron a nova La Galletería de Biscuits Galicia (Rúa Carral nº13) para renovar xunto a Pablo Troncoso, un dos administradores de Biscuits Galicia, o acordo de colaboración para o presente campaña 2018/2019.
(Instantánea da renovación da colaboración entre Biscuits Galicia e o club no noav tenda La Galletería na Rúa Carral)
.
Coa renovación deste acordo de colaboración, Biscuits Galicia seguirá estando presente nun dos eventos máis importantes da entidade, as Ligas LINCO 2019 que se disputarán a partir do próximo mes de xaneiro. Ademais tamén colaborará nos diferentes torneos que organiza o club durante a tempada e en diferentes iniciativas organizadas conxuntamento por Biscuits Galicia e o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Pablo Troncoso, un dos administradores de Biscuits Galicia, durante esta renovación da colaboración confirmou que "é un pracer colaborar e poder apoiar un curso máis ao deporte base e, máis concretamente, ao Baloncesto Seis do Nadal Coia xa que fan unha importante labor desde os máis pequenos ata as categorías júnior e sénior. Desde Biscuits Galicia cremos na alimentación saudable acompañada da actvidiade física e do deporte."