O BENXAMÍN FEMININO DO CLUB PROCLAMOUSE CAMPIÓN DA COPA PRIMAVERA DA TEMPADA 2017/2018

..

(O Benxamín Feminino do club co trofeo de campión da Copa Primavera)

..

BENXAMÍN FEMININO

TEMPADA 2017/2018

 

CAMPIÓN COPA PRIMAVERA

..

O equipo Benxamín Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sandra Solano e Marta Espantoso, proclamouse equipocampión da Copa Primavera de categoría Benxamín Feminina da presente tempada 17/18.

 

O noso equipo disputou a final da Copa Primavera tras rematar no primeiro posto do Grupo "B" cun balance de dúas vitorias nos dous partidos disputados. Na final a dobre partido ante o Celta Bosco Celeste, primeiros clasificados do outro grupo, o Seis do Nadal - Coia conseguía proclamarse equipo campión desta competición.

.

.

 

(As deportistas do Benxamín recibindo os premios de campioas da Copa)