miércoles, 30 de mayo de 2018

GRAN CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CURSO 2017/2018 E DAS LIGAS LINCO CONCELLO DE VIGO

(Tódolos nenos e nenas das Escolas Deportivas de Baloncesto co seu regalo)

.

O pasado venres 25 de maio do 2018 tivo lugar a xornada de clausura da tempada 2017/2018 das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO Concello de Vigo 2018, organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal dentro do Programa Municipal de Escolas Deportivas.

.

A xornada comezou no Pavillón Municipal de Navia con partidos amigables entre todos os combinados das Escolas Deportivas. Tódolos xogadores e xogadoras do CEIP Seis do Nadal, CEIP Doutor Fléming, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat e as Escolas da Etea, EDM Berbés e EDM Navia puideron despedir a tempada xogando contra os demais escolares.

.

.

.

.

Os preto de 300 xogadores e xogadoras que se reuniron no polideportivo de Navia puideron demostrar ao público todo o aprendido ao longo do curso que comezou no mes de outubro do pasado ano. Desde entón tódolos escolares aproveitaron os adestramentos semanais e as xornadas das Ligas Internas de Colexios 2018, cun total de 210 partidos na Liga Linco e 48 encontros na Liga Linco XL, para progresar e mellorar das mans dos seus adestradores e adestradoras.

.

Para clausurar a xornada levouse a cabo a entrega de regalos a tódolos rapaces e rapazas, así como ao grupo de árbitros das Ligas Internas de Colexios, grupo formado por xogadores e xogadoras federados de categoría cadete e júnior do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. No acto de clausura estiveron presentes, acompañando ao Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo; Manel Fernández, Concelleiro de Deportes; Concepción Martins, a Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia; e Sergio González, Director Deportivo da entidade.

.

.

.

.

 

 


 

.

Pódese acceder a tódolas fotos da clausura e das Ligas LINCO 2018 pulsando AQUÍ